«Maiores en plena forma» chegará este outono a 22 centros cívicos da Coruña

A iniciativa, dirixida a persoas a partir dos 50 anos, desenvolverase entre o 2 de novembro e o 11 de decembro, sendo o centro cívico de Labañou o único que non participará nesta edición. O principal obxectivo desta programación gratuíta é promover o envellecemento activo e favorecer a autonomía persoal, o benestar físico e emocional, así como a participación social da veciñanza desde os seus propios barrios.
A oferta combina habitualmente disciplinas de actividade física —como ximnasia de mantemento, ioga, bailes terapéuticos ou control postural— con obradoiros de estimulación cognitiva, relaxación e xestión emocional. Ademais, inclúe accións formativas no manexo das novas tecnoloxías e visitas culturais guiadas por diferentes puntos da cidade.
Claves e inscrición
Prazo de inscrición: Del 23 ao 28 de outubro.
Lugar: De forma presencial nas conserxarías dos centros cívicos participantes nos que se desenvolva a actividade elixida.
Prazas: Son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición ata completar os grupos.
Información: O detalle das actividades, horarios e días por cada centro pódese consultar na páxina web do Concello e na propia rede de centros cívicos.
