O Concello reclama que todas as institucións "exerzan as súas competencias" para afrontar a crise habitacional

O Concello reclama que todas as institucións

A rexedora compostelá comezou a súa comparecencia semanal amosando o apoio ás mobilizacións e á acampada reivindicativa no Obradoiro en defensa dos dereitos das persoas a ter unha vivenda digna. Neste sentido, sinalou que é necesario “un cambio de paradigma”  para mellorar o acceso á vivenda e que “todas as administracións comecen a mover os seus mecanismos e a exercer as competencias que lles corresponden”. 

No ámbito concreto de Santiago de Compostela volveu reiterar a reclamación á Xunta para que exerza as competencias que lle corresponden de inspección no relativo á zona de mercado residencial tensionado. Neste punto concreto, explicou que “o que máis tensiona o mercado da vivenda en Compostela é o prezo dos alugueiros e actuar sobre esa realidade é, directamente, mellorar as condicións de vida das persoas máis vulnerables”. 

Goretti Sanmartín tamén sinalou que tras a declaración de ZMRT “en Compostela neste momento xa non son legais as subas abusivas do alugueiro” e que, grazas a esta medida, “en Santiago non cabe un caso Maricarmen”. Mais, como xa manifestou en anteriores ocasións, insistiu en que, para a completa efectividade da ZMRT, é imprescindible que a Xunta exerza as súas competencias de inspección. “Reiteraremos por todos os medios posibles que a Xunta de Galicia vixíe que os contratos de arrendamento se axusten á norma, no que toca ao prezo e no relativo tamén ao propio tipo de contrato, toda vez que os contratos temporais quedaron fóra dos topes de prezos por decisión do PSOE desde o Goberno do Estado” afirmou.

Doutra banda, tamén asegurou que se continuará coa reclamación para que  os fondos específicos para actuar nas zonas tensionadas cheguen á veciñanza de Santiago a través do que recolle o Plan de medidas correctoras e co modelo de actuación que establece. 

Tamén fixo un repaso das iniciativas que puxo en marcha o goberno municipal e cuxa filosofía concorda co plan de medidas correctoras, mencionando as seguintes: 
 

  • A incorporación ao rexistro de soares e poxa pública dos edificios en ruínas para que se rehabiliten e se habiten.
  • O programa de adquisición e rehabilitación de inmobles na Cidade Histórica, con fondos propios e axudas externas, do Consorcio ou do Plan Horizonte, como as nove vivendas que haberá na Caramoniña e o resto das que se irán adquirindo mediante licitación.  
  • As modificacións fiscais para gravar as vivendas baleiras de grandes posuidores e para bonificar as protexidas.
  • A mobilización de solo para que se constrúa vivenda protexida e a cesión gratuíta de parcelas á Xunta co mesmo fin.
  • O desenvolvemento da parcela do antigo Peleteiro multiplicando case por 4 a superficie para vivenda e garantindo que, cando menos, o 45% dela sexa protexida, e o acordo para que sexa impulsada desde a empresa pública estatal de xeito prioritario.
  • Os axustes normativos e do planeamento ou a súa vixilancia para frear e reverter a turistificación dos barrios 
Scroll al inicio